- O CRACK DO 29.
En Outubro de 1929, produciuse o afundimento da bolsa de Nova York, que
provocou o afundimento da economía estadounidense e que rapidamente se
entendería polo globo.
-Causas do crack bolsista:
- Produciuse unha sobreprodución de produtos, e dicir, maior produción que demanda.
- Elevado índice de investimentos especulativos na bolsa, demasiados investimentos con cartos que en realidade na súa maioría eran fume. Os bancos quedaron sen cartos para prestarllos aos accionistas, os cales non o puideron devolver.
Ante o perigo da bolsa e nos bancos, as persoas comezaron a retirar os seus
bens para evitar perdelos, os bancos quedan sen cartos, e o valor das acción
comezou a baixar, ata a chegada do xoves negro, onde se chegaron a vender 13
millóns de accións a un prezo case nulo.
- A GRAN DEPRESIÓN.
O afundimento da bolsa deu lugar a un período de crise económica en EEUU
coñecido como a Gran Depresión, caracterizada por:
- Arruínanse os grandes inversores e empresas.
- Afundimento masivo de entidades bancarias.
- Crise industrial debido ao cese da demanda de produtos, o que produciu un elevadísimo número de parados.
- Miseria e desolación entre o pobo, que se viu acentuada polos deshaucios etc…
- Crise agraria, producida en certo modo pola grande abundancia de existencias alimentarias.
- EXTENSIÓN DA CRISE.
A crise deu comezo en EEUU, a primeira potencia económica mundial do
momento. Este país estaba a aguantar a economía europea da posguerra da IGM. A
través de varios eixes, a crise do 29 estendeuse a outros países:
- Comercio internacional: EEUU cesou as súas importacións de produtos e aumentou os costes nas aduanas. Este proteccionismo económico foi imitado por outros países para protexerse da crise e manter un comercio económico interior favorable aos seus intereses.
- As finanzas internacionais: Ante a crise que acababa de estalar en EEUU, dito país comezou a repatriar o capital, e dicir, reclamou a devolución dos prestamos aos países os cales lles había prestado cartos. Esta medida deu nun catastrófico impacto nas economías sobre todo europeas.
- A CRISE NO RESTO DO MUNDO
A crise estendeuse rapidamente por todo o mundo; os países que máis a
sufriron foron os exportadores de produtos.
- Os países exportadores de produtos foron os primeiros en sufrir os efectos da crise (exportadores mineiros, agrarios etc…) a causa da baixada dos prezos e a redución da demandas. Os máis prexudicados foron os países latinoamericanos, Europa oriental e o sueste asiático.
- En canto as potencias económico-industriais europeas, as máis afectadas foron aquelas que se nutrían dos prestamos estadounidenses para paliar os seus gastos e en moitos casos reparacións de guerra:
-Alemania e Austria: A economía alemá dependía fortemente dos créditos
estadounidenses para manterse. Cando quebrou o banco máis grande de Austria; o
Creditanstalt, xa que o sistema bancario Austro-alemán estaba moi endebedado co
exterior, a crise económica en Austria contaxiouse rapidamente a Alemania,
xa que a xente por medo acudiu a retirar os seus cartos dos bancos, e moitos
bancos tiveron que pechar. O colapso do sistema bancario levou ao peche de
moitas empresas.
-Reino Unido: a quebra do anteriormentye mencionado banco austríaco afectou gravemente a
economía británica, xa que había investido unha grande cantidade de capital
inglés nel. O Reino Unido optou por abandonar ao patrón ouro.
Francia: Non se viu tan afectada pola crise debido a que non dependía tanto do
comercio exterior para manterse e porque tiña acumuladas grandes reservas de
ouro. Pero o abandono do patrón ouro por parte do Reino Unido e a devaluación
da libra esterlina reduciron a competitividade dos prezos franceses.
- CONSECUENCIAS POLÍTICO SOCIAIS DA CRISE
A miseria e o medo a fame estendéronse, isto afectou principalmente as
clases baixas como campesiños, obreiros… pero tampouco se salvaron as clases
medias, cuxo nivel de vida baixou considerablemente. Isto deu nunha
fragmentación social e unha ampliación da brecha entre ricos e pobres.
POLÍTICAS ECONÓMICAS FRONTE A GRAN DEPRESIÓN.
- O FRACASO DAS SOLUCIÓNS CONVENCIONAIS.
- Políticas deflacionistas: Fomento da baixada de prezos para reactivar o consumo, estas políticas tiveron un efecto contrario e acentuaron a crise.
- Proteccionismo económico: Intentouse deixar de depender do comercio internacional para mellorar a economía nacional propia do país, isto tivo un efecto contrario e acabou prexudicando as súas propias economías.
A procura dunha saída da
crise propiciou a Conferencia Económica Mundial de Londres (1933).
Soamente se acordou a volta ao patrón ouro e a redución dos aranceis,
pero con todo cada país fixo fronte aos seus propios problemas en solitario.
- AS NOVAS POLÍTICAS INTERVENCIONISTAS
O colapso do sistema
capitalista xerou un grande debate a cerca da súa funcionalidade, así que por
así dicilo, propuxose reformar as medidas do capitalismo. Esta idea foi dada
polo economista británico Keynes.
- ESTADOS UNIDOS: O NEW DEAL: A chegada ao poder do presidente Roosvelt no momento máis tenso da crise levouno a crear este novo sistema económico máis intervencionista.
-Abordouse un programa
para o saneamento do sistema bancario, regulouse a bolsa para evitar de
novo o seu desplome…
-Emprendeuse un grande
programa para levar a cabo obras públicas e así crear postos de
traballo.
-Diminuiuse a
produción agrícola para elevar os prezos dos produtos agrarios.
-Favoreceronse as grandes
empresas eliminando a competencia e aumentando os prezos.
-Forzouse aos
empresarios a aceptar melloras sociais como o salario mínimo ou a
xornada laboral.
-Crearonse as
pensións de vellez, viuvez…
- REINO UNIDO; AUMENTO DO PROTECCIONISMO: o goberno británico tratou de reactivar a economía reducindo a taxa de xuro, desvalorizado a libra e establecendo unha política proteccionista aumentando os aranceis as importacións. Tamén aumentou o comercio cas súas colonias.
- FRANCIA; O FRONTE POPULAR: As medidas tomadas pola fronte popular estaban centradas en aumentar o nivel adquisitivo dos traballadores. Propiciou os acordos de Matignon para acabar ca conflitividade entre os sindicatos e a patronal. Isto fracasou e a sociedade francesa sumiuse no caos.
- ALEMANIA: AUTARQUÍA E REARMAMENTO: Co ascenso ao poder de Hitler, impúxose o control do estado sobre a economía, co obxectivo de lograr a autarquía económica. os esforzos da industria centráronse no militar e comezou un programa de obras públicas. Isto reduciu drasticamente o paro e preparou a Alemania para unha nova guerra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario