O ASCENSO DOS TOTALITARISMOS
AS BASES DO FASCISMO
- A IDEOLOXÍA FASCISTA.
As súas características
son as seguintes:
- Defendían un estado totalitario, co control sobre toda a vida das persoas, e a negación dos principios liberais fundamentais.
- Apoiaba un sistema político ditatorial de partido único, no que o poder o exercía un só individuo, culto a personalidade do líder.
- Anticomunismo, e ao principio tamén anticapitalismo (polo que vexo non eran de ideas claras) Defendían un socialismo nacional.
- Mantiñan un nacionalismo expansionista, agresivo e militarista, que esixía colocar a nación nunha posición importante do mundo.
- Os fascistas tamén se caracterizaban polas ideoloxías raciais.
- Defendía a violencia fronte aos opoñentes políticos, e considerábase un valor positivo.
- Os partidos fascistas pretendían mobilizar as masas, e encadralas no partido, uníndoas a sindicatos ou organizacións paramilitares. tamén se facía alarde dos símbolos.
- Exaltaban os principios masculinos relegando a muller a unha obrigación da crianza dos fillos e coidado da casa.
- BASES SOCIAIS DO FASCISMO.
A pesar de que os
partidos fascistas nunca lograsen o apoio popular total, o seu apoio popular
foi aumentando paulatinamente ata en algúns países alcanzar unha gran forza
(Italia, Alemania).
O fascismo gañou apoios
primeiramente en oficiais e combatentes da IGM que se adaptaron
dificilmente a vida normal, así tamén contou co apoio de mozos voluntarios e
románticos; enfadados pola ineficacia do sistema liberal. Maís tarde sumáronse
membros das clases medias afectados pola crise económica e temorosos da
expansión do comunismo. Tamén se uniu un importante sector da clase obreira
que atopou atractiva a mensaxe violenta do fascismo.
O fascismo contou tamén
con grandes apoios entre os terratenentes e os grandes empresarios, que
financiaron asociacións fascistas por medo a expansión comunista, logo
apoiáronos para lograr superar a crise. A toma do poder por parte do fascismo
pode explicarse fundamentalmente porque a policía e o exército o permitiron e
incluso o apoiaron.
A ALEMANIA NAZI
Tras a abdicación do
emperador Guillerme II, e mentres continuaba a I Guerra Mundial, o Partido
Social Demócrata proclamou a república en Berlín, e o seu líder; Ebert, firmou
inmediatamente a rendición, e tivo que lidiar con multitude de problemas como
rebelións da esquerda radical e da dereita nacionalista, ademais dos graves
problemas económicos da posguerra. Tras un período de estabilidade a Gran
depresión supuxo un duro golpe para a democracia alemá.
- A REPÚBLICA DE WEIMAR.
En 1919 os espartaquistas
revolucionanse seguindo o exemplo bolxevique, pero a revolta foi esmagada
duramente pola república. Por entonces tamén tiveron que facer fronte a
revoltas de dereitas protagonizadas polos freikorps, enfrontados ca
esquerda.
No medio desta crise
celebráronse eleccións a unha Asamblea Constituinte, que proclama a
república na cidade de Weimar e establece unha constitución. O chanceler
era designado polo presidente e necesitaba do apoio do Reichstag; Ebert foi
elixido presidente da república.
Tras celebrarse as
eleccións de 1919, os tres grandes partidos moderados formaron unha coalición
coñecida como a Coalición de Weimar. a primeira decisión do goberno foi
firmar o Tratado de Versalles, que se converteu nunha carga para a
república. Nos primeiros anos da súa existencia, a república viviu un grande
período de crise debido a dificultade económica de posguerra, o que aumentou a
radicalización política e a perda da confianza na democracia. En 1924 e ata
1929, a república viviu unha situación de estabilidade , xa que as outras potencias
decidiron botarlle un cable.
- OS COMEZOS DO NAZISMO.
En 1919, en Munich
fundase o Partido dos Traballadores Alemáns (DAP), que difundía
políticas raciais e antiliberais. Pouco despois ingresa Hitler, onde
comeza a historia do nacionalsocialismo.
Hitler elaborou un
programa de reformas do partido, e cambiou o seu nome polo de Partido
Nacional Socialista dos Traballadores Alemáns (NSDAP) e formou as SA,
unha organización paramilitar que se dedicaba a enfrontarse aos seus
adversarios.
A ideoloxía do partido
era un confuso conxunto de postulados hacia todas as clases sociais. Defendía
un socialismo nacional anticapitalista, que superase a loita de clases en
beneficio da nación.
- Necesidade de establecer unha ditadura nacionalista capaz de preservar a pureza racial e capaz de acabar cos inimigos de Alemania (comunistas, xudeus e demócratas).
- Desexo de unir a todos os alemáns nunha Gran Alemania e obter o espacio vital para asegurar o desenvolvemento da raza aria.
Hitler foi elixido líder
do partido en 1921, e impuxo unha organización xerarquizada na que o führer era
o soporte central da organización. En 1923 tras unha grave crise económica e a
ocupación do Ruhr, os grupos ultranacionalistas entre os que estaba Hitler
prepararon un golpe de estado (Putsch de Munich) que fracasou
fuertemente. Hitler foi levado a prisión, onde escribiu o Mein Kampf; onde
expoñía toda a ideoloxía do partido. Tras sair de prisión refunda o partido,
reformulou o seu programa co fin de gañar apoios, limita os seus postulados anticapitalistas,
usou o odio contra os xudeus e os comunistas instaurados na xente e transformou
o NSDAP nun partido de masas, así como usou os instrumentos de
propaganda habilmente.
- A CRISE DA REPÚBLICA E O ASCENSO DO NAZISMO.
A Gran Depresión
aumentou o apoio electoral dos nazis. A repatriación de capital estadounidense
dos bancos provocou a quiebra dos bancos alemans, facendo descender a produción
industrial, e aumentando o paro. Os partidos da Coalición de Weimar perderon
prestixio ao non atopar a solución da crise. Os nazis ampliaron os seus apoios
nas clases medias e obreiras, así como nos grandes industriais e terratenentes.
Nas elecións de 1930 o
NSDAP aumentou moito o seu número de votos, situación que aproveitou
para facer contactos co exército, e os magnates industriais.
No ano 1932, o chanceler
Brüning dimite, o que deu paso a unha serie de gobernos autoritarios.
Nas eleccións dese mesmo
ano, so Hitler e Hindemburg tiñan oportunidade de obter a vitoria, pero venceu
Hindenburg. Hindenburg nomeou chanceler a Von Papen e convocáronse
novamente eleccións nas que o NSDAP logrou converterse no partido máis votado.
Von Papen intentou debilitar os nazis e solicitou novas eleccións en novembro,
nas que o partido nazi perdeu dous millóns de votos. Parecía que Adolfo
iba en decadencia.
Pero en xaneiro de 1933,
Von Papen persuadiu a Hindemburg para que nomease a Hitler chanceler, nun
goberno de coalición entre nazis e a dereita clásica. Ambos pensaron que elevar
a Hitler ao poder quedaría sometido as directrices da dereita. Madre mía, como
se equivocaban.
- O NACEMENTO DO TERCEIRO REICH.
Entre febreiro de 1933 e
agosto de 1934 constituíse en Alemania o estado totalitario, unha vez no
goberno, Hitler, mantivo o seu radicalismo, e afanouse por acaparar todos os
resortes do poder. Primeiro obtivo de Hindemburg a disolución do Reichstag e
a convocatoria de novas eleccións. No medio da campaña electoral, produciuse o
incendio do Reichstag, e os nazis culparon aos comunistas, a quenes
expulsaron do Reichstag e suspenderon os dereitos fundamentais. Nas eleccións
os nazis non logrado a maioría absoluta, pero apoiáronse nos partidos de dereitas.
Dese xeito o novo parlamento aprobou unha lei que outorgaba pleno poder ao
chanceler para lexislar sen apoio do parlamento durante 4 anos. Hitler usou esa
lei para eliminar todos os partidos políticos excepto o NSDAP. Hitler
converteuse en dictador dunha Alemania de partido único.
Hitler dedicouse a
construcción doi novo estado, para isto necesitaba o apoio do exército e da
oligarquía económica, polo que decide, na noite dos coitelos largos eliminar
as SA (pasalos polo coitelo) co fin de gañar a confianza destes sectores da
sociedade. Coa morte de Hindemburg, Hitler asociou os cargos de presidente e
chanceler co apoio do exército, que formou un novo grupo de asociacións: A
Wehrmatch, as SS e a Gestapo.
- O ADOUTRINAMENTO NO TERCEIRO REICH.
O réxime nazi desatou
unha grande campaña de adoutrinamento, fundamentalmente baseada no control
iudeolóxico e en fomentar o culto ao führer. Isto levouse a cabo a través da educación,
e das asociacións xuvenís as que por obrigación debían pertencer os xovenes.
Alí inculcabase a obediencia, a camaradería e o sentido do deber. a educación
foi controlada co fin de transmitir os principios raciais e militaristas da
ideoloxía nazi.
tamén se suprimiu a
liberdade de expresión e censurouse toda actividade literaria e artística.
A propaganda nazi usou con moita eficacia os medios de comunicación para
difundir os seus valores patrióticos. calquera medio de comunicación fora do
control nazi foi prohibido.
- RACISMO E ANTISEMITISMO.
Un dos obxectivos
primordiais do estado foi asegurar a cohesión social substituíndo a división de
clases pola unidade da supremacía racial da raza aria. Por iso había que
eliminar as “as impurezas” da sociedade.
- Impulsouse unha ampla lexislación que eliminou os dereitos políticos aos xudeus e lles expropiou os seus bens. nas Leis de Núremberg, prohibíronse os matrimonios mixtos con xudeus e prohibíuselles a cidadanía alemá.
- Dende finais de 1938 o antisemitismo fíxose máis violento, na noite dos cristais rotos asaltáronse tendas xudías e sinagogas e leváronse aos xudeus a campos de concentración.
- En plena Segunda Guerra Mundial optouse pola solución final, o exterminio de forma industrializada do pobo xudeu mediante campos de exterminio.
- AUTARQUÍA E REARMAMENTO.
O goberno nazi interveu
na economía. nas fábricas introduciuse unha forte normativa para asegurar a disciplina
dos traballadores. Os sindicato foron eliminados e so se permitiu que os
obreiros se integrasen no sindicato nazi; Fronte Alemá de Traballo.
O primeiro período da
política económica alemana centrouse en solucionar os problemas máis
importantes, como a reactivación da economía, o impulso do comercio exterior
e a reducción do desemprego. Para reducir o número de parados emprenderonse
multitude de obras públicas.
O segundo período da
política económica nazi comezou ca implantación do plan cuadrienal, que
comezou cunha política de autarquía (independencia económica) e un
rearmamento intensivo, desenvolvendose masivamente a industria de guerra e
a extracción mineral.
Conxelaronse os
salarios, aumentouse a xornada laboral e impuxose o racionamento. Pero a
autarquía non foi total, así que a solución a isto foi a reclamación de
territorios e conquista dos mesmos para obter materias primas e ampliar
a zona de espazo vital da que falaban os nazis. O aumento da produción e o
pleno emprego fixeron esquecer aos alemáns os sacrificios impostos aos
traballadores. por eso o pilar fundamental do réxime foron os campesiños e
obreiros. A economía de guerra alemá necesitaba urxentemente do estalido
dunha guerra para liberarse do excedente de material militar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario