Historia en Resumen: La evolución de los bloques en la Guerra Fría


Ante la gran cantidad de preguntas que me han estado llegando por Twitter, subiré la otra parte del resumen de la Guerra Fría, que corresponde a el segundo tema de la guerra fría: la economía de los bloques. ¡Espero que os sea útil!


1.A EVOLUCIÓN DO BLOQUE CAPITALISTA

Ø  O PERÍODO DE EXPANSIÓN.


      1.BASES DO CRECEMENTO: BRETTON WOODS.
Nos acordos de Bretton Woods de 1944 intentouse responder aos problemas financieiros da reconstrucción tras a guerra e determinaronse as regras do novo futuro económico.
·         Estableceuse o dólar como moeda principal internacional.
·         Aceptouse a paridade entre o dólar e o ouro.
·         Creáronse organismos encargados de garantir e controlar a estabilidade económica  mundial.
Os acordos de Bretton Woods favoreceron a diminución dos aranceis e con iso fomentouse o comercio internacional.
      2.CARACTERÍSTICAS DO CRECEMENTO ECONÓMICO.
·         Numerosos avances tecnolóxicos que aumentaron enormemente a produtividade do taballo.
·         Expansión do comercio internacional
·         Importante aumento da demanda polo aumento dos traballadores e os salarios.
O crecemento económico non afectou a todos os países por igual, mentres que os centros do capitalismo aumentaban increíblemente as súas economías, os países que acababan de ser descolonizados acostumaronse con dificultade e desigual a este crecemento económico.

Ø  A CRISE ECONÓMICA DE 1973-1990

Os síntomas de que o crecemento económico sontido estaba tocando o seu fin tiveron que ver ca competitividade das empresas estadounidenses con respeto aos países europeos e Xapón. A situación estaba a punto de cambiar e estes eran os síntomas:
·         A balanza por conta corrente estadounidense comezou a sufrir un déficit.
·         Diminución das reservas de ouro estadounidense.
·         O desfasamento entre o ouro e o dólar provocou unha perda de valor do dólar e aumentou a inflación.
O problema chegou a ser tan grave que Nixon aboliu a convertibilidade do dólar en ouro, que poía fin ao acordado en Bretton Woods.
      1.A CRISE DO PETRÓLEO DE 1973.
O outro factor que provocou a crise foi a subida dos prezos do petróleo. Dende principios da década dos 70 os países da OPEP comezaron unha política de suba dos prezos do petróleo, pero esto agravouse tras a guerra do Iom-Kippur entre árabes e israelíes.
A repercusión inmediata foi a suba do prezo do crú que provocou crises nas balanzas comerciales de certos países e aumentou gravemente a inflación e o paro. Este perído estivo caracterizado pola suba do paro e o estancamento da producción.
En 1979 produciuse a segunda crise do petróleo motivada pola revolución islámica en Irán. Esto agravou a situacióne afastou as perspectivas dunha recuperación.
    
 2.A ALTERNATIVA NEOLIBERAL.
En case todos os países se priorizou a loita contra a inflación. O comercio mundial reduciuse. A principal consecuencia disto foi o aumento do paro; a crise converteuse nunha depresión económica que se alongou durante toda a década de 1980. As consecuencias máis importantes foron:
·         Perda da estabilidade do sistema monetario.
·         Perda masiva de postos de traballo, paro moi elevado.
·         Conversión das economías ao sector terciario e sustitución de industrias como a sidelurxia por outras máis modernas.
Creouse unha nova doutrina económica chamada Neoliberalismo, que diminuía o papel do estado na economía e os controis sociais sobre as empresas, daba liberdade de mercado e establecía a desregulación da economía.

2.ESTADOS UNIDOS.

Ø  EVOLUCIÓN ECONÓMICA DE ESTADOS UNIDOS.

Dende 1945 ata a crise de 1973, a economía estadounidense proseguiu o seu crecemento e modernización, se ben con ritmos inferiores a outros países como Francia, Alemania, ou Xapón. As causas desta expansión eran o aumento da productividade, o crecemento da renda dos traballadores, que propiciou un aumento do consumo interno.
Parte deste éxito económico debese ao esforzó ou innovación técnica, ao igual que a mellora de técnicas publicitarias.
Nos anos 60, os políticos demócratas orientaron as súas actuacións hacia a mellora da situación social no marco dunha política económica Keynesiana.
Nos anos 70 comezaron os problemas, o aumento das importacións desequilibraba a balanza comercial, e o déficit público disparouse polos gastos militares da guerra de Vietnam. Isto unido a outras causas económicas levaron ao presidente Nixon a devaluar o dólar. (A crise do petróleo agravou a situación).
Ronald Reagan mellorou a situación económica, pero a súa política neoliberal de reducción de impostos e aumento do presuposto militar agravou a situación do déficit público. Ademáis reducironse as prestacións sociais; o que prexudicou aos pobres.

Ø  POLÍTICA EXTERIOR E LIDERADO MUNDIAL.

Tras a II Guerra Mundial, EEUU ascendeu como a primeira potencia do bloque occidental, debido a súa poderosa moeda e a súa economía. Pero había máis factores:
·         A súa industria favoreceuse do abandono do proteccionismo, xa que producían máis que nadie e os seus productos inundaron o mercado.
·         A súa economía caracterizouse por un alto investimento en investigación.
·         Formación de grandes empresas multinacionais.
Outro factor foi a bipolarización de EEUU coa URSS, que impediu a aparición de calquera outro poder alternativo no bloque occidental.





3.EUROPA OCCIDENTAL.

Ø  RECONSTUCCIÓN DE EUROPA: PLAN MARSHALL.

A economía de Europa estaba na crise total cara 1948, así que EEUU desenvolveu un plan de axudas que beneficiaría aos países de europa occidental para a compra de materiais para reconstruir os países logo da guerra; o Plan Marshall, para organizar a axuda creouse a OECE. Estados Unidos viuse favorecido tamén por isto, pois a totalidade das compras europeas iban as súas empresas.

Ø  O PROCESO DE UNIDADE EUROPEA.

A reconstrucción de Europa tras a II Guerra Mundial afrontouse con dous obxetivos:
·         Evitar calquera outro enfrontamento entre os países europeos.
·         Se os países de Europa querían estar ao mesmo nivel das superpotencias, tiñan que permanecer unidos
Os primeiros pasos doron ca OECE, que favoreceu a cooperación económica, logo naceu o Consello de Europa, para fomentar a cooperación política e a defensa dos dereitos humanos. Pero o verdadeiro embrión da Unión Europea, foi a CECA (Comunidade Europea do Carbón e o Aceiro).

Ø  A COMUNIDADE ECONÓMICA EUROPEA CEE.

Ca creación da CECA, pensabase que como primeiro paso, unha unión económica daba paso a unha unión política. A idea materializouse en 1957 ca firma do Tratado de Roma, polo cal nacía a CEE, cuxo obxectivo principal era lograr unha unión económica e rebaixar os aranceis.

Ø  A UNIÓN EUROPEA.

En 1986 aprobouse a Acta Única Europea, que creou un espazo económico e social común e reforzou o papel do Parlamento Europeo. Un paso importante na unión foi o Tratado de Maastricht ou Tratado da Unión, que aumentou os poderes do parlamento e estableceu as bases dunha política exterior e seguridade común, así como a cidadanía europea. Este acordo significou a creación da Unión Europea, que logo se ampliaría a Europa do leste.

Ø  O ESTADO DE BENESTAR.

A evolución económica e social europea estivo totalmente vinculada a creación do chamado estado de benestar. Que se podería definir como a situación na que un estado garante a todos os seus cidadáns o dereito a determinados servizos públicos (sanidade, educación… etc). E constitúe un método de igualación social.
      1.MODELO ECONÓMICO KEYNESIANO.
O papel do estado, fundamentouse na teoría económica creada por Keynes e creou un novo modelo de capitalismo, caracterizado pola expansión do gasto público e pola maior intervención do estado na vida económica, e crearonse empresas públicas.
Este modelo tamén implicaba políticas de distribución da riqueza, e dicir, quen máis ten, máis paga.
O estado desempeñou un papel de garante das relacións laboráis , e outorgaban estabilidade laboral ao falra con sindicatos etc…
Este sistema de capitalismo creou unha sociedade de clases medias que se caracterizou pola súa estabilidade política e social, e liquidou o perigo revolucionario en Europa occidental.




      2.A CRISE DO MODELO KEYNESIANO.
Este modelo de capitalismo funcionou ben ata principios da década dos 70, debido principalmente ao desevolvemento económico que permitiu o crecemento do emprego e contribuiu a mellorar as condicións de vida de moitos sectores sociais. Pero como consecuencia da crise de 1973 disparouse a inflación e o desemprego.
Produciuse entón un cambio nas políticas que tenderon a unha modificación a modelos neoliberais caracterizados por unha menor intervención do estado na economía e unha menor regulación.
      3.A CONTESTACIÓN SOCIAL EN EUROPA OCCIDENTAL.
A pesar dos logros económicos e o consenso social, xurdiron diversas oposicións sociais e contra dos fundamentos do estado social europeo e da democracia occidental.
O descontento estalou en Francia en maio de 1968, onde os estudantes universitarios se botaron a rúa  e iniciaron unha serie de protestas e manifestacións, as que máis tarde se adheriu o movemento obreiro, finalmente tras negociacións e concesións sociais, cesaron as revoltas.
En case todos os países xurdiron estes movementos entre os estudantes con ideas pacifistas ou revolucionarias  (Hippies) e que en algúns lugares chegaron a ter os seus propios partidos.

4.A UNIÓN SOVIÉTICA.

Ø  OS ÚLTIMOS ANOS DE STALIN.

Tras a II Guerra Mundial, a figura de Stalin saíra reforzado ao ser considerado o artífice da vitoria sobre os nazis. Durante a guerra, o réxime soviético relaxara a represión sobre a poboación para evitar a desmoralización e fomentar o espirito de loita, con todo unha vez rematado o conflito recuperaronse as políticas do terror. No exterior, a URSS consolidouse como unha grande potencia militar e nuclear e erixiuse líder do bloque comunista.

Ø  A DESESTALINIZACIÓN E O INMOBILISMO.

Tras a morte de Stalin en 1953 desatouse unha loita polo poder entre duas correntes do PCUS, a estalinista e o revisionismo. Na loita polo poder que durou tres anos, gañou o revisionismo con Nikita Kruschev como líder.
Os cambios provocados por Kruschev supuxeron un grande impulso económico para a URSS, e levou a chamada desestalinización, pola cal se condenaban as políticas de represión establecidas por Stalin durante o seu mandato, houbo unha liberación política e unha planificación menos ríxida. Kruschev mellorou tamén a situación sociopolítica dos países baixo a órbita soviética.
Con todo esta apertura política espertou o receo dos altos cargos do PCUS, a nomenklatura. Kruschev foi deposto en 1964, acusado de acumular demasiado poder, e foi sustituído por Breznev, caracterizado polo inmobilismo. O impulso dado con Kruschev sustituiuse con políticas conservadoras. Os altos cargos do PCUS  eran todos anciáns, por eso a URSS era considerada unha xerontocracia.

Ø  A ECONOMÍA DA URSS.

Dstinguense dous períodos falando da economía da Unión Soviética:
·         PRIMEIRA ETAPA: Mellora de todos os índices económicos; no sector agrario expandironse as terras de cultivo, o sector de bens de equipo mellorou tamén oss seus resultados, pero o crecemento máis notable foi nos sectores da industria pesada e das fontes de enerxía que sempre gozaron de maior atención por parte do gobernó da URSS. Pero a insuficiente producción alimetaria xerou a aparición dun mercado negro a prezos máis altos que os normais, pero o gobernó permitiuno, pois calmaba a poboación.
·         SEGUNDA ETAPA: Dende mediados da época dos setente os índices económicos empeoraron. A productividade das industrias e do campo caía en picado, e a calidade dos productos era deficiente, e o enorme gasto militar dificultaba a distribución de recursos a outros sectores que o necesitaban máis. Para paliar estas deficiencias tivo que recurrirse a importación de productos de países capitalistas, e xerouse un forte endebendamento.

Ø  A URSS E A MORTE DE BREZNEV.

Tras a morte de Breznev produciuse un período de transición(1982-1985) (con numerosos mandatarios da URSS que no aportaron nada realmente e que neste resume pasaremos por alto). En 1985 co ascenso de Gorbachov, que pertencía a tendencia revisionista acabou con este perído transitorio.

1.  AS DEMOCRACIAS POPULARES.

Ø  INSTAURACIÓN DO MODELO COMUNISTA.

Dado que foi o exército vermello o que liberou case a totalidade de Europa Oriental dos nazis, estes prácticamente tomaron o control dos países. Ademáis froito dos acordos do final da guerra, Europa do leste estableceuse como área de influencia soviética. O enfrontamento entre a URSS e EEUU soamente acelerou o establecemento do control por parte de Moscova.
 A incapacidade de crear novos gobernos democráticos veu directamente condicionada pola presenza do exército vermello, que non permitía que se celebrasen eleccións ou algo polo estilo.
A URSS comezou a implantar gobernos con marcadas tendencias comunistas, xustificando que necesitaba crear un cordón de seguridade entre a URSS e Europa Occidental, e deste xeito, a partir de 1947, foron establecendose réximes comunistas por todo o leste, e denominaronse países satélites, pois estaban “sometidos” a URSS. Unha vez no poder, os partidos instalaron uns modelos de estado semellantes ao soviético, chamado Democracia Popular.

Ø  A IMPLANTACIÓN DUNHA ECONOMÍA COMUNISTA.

Ao principio da chegada dos novos gobernos, implantaronse distintas medidas de reforma para saír da crise posterior a guerra. Pero unha vez instalados os novos gobernos subordinaronse a s directrices dos intereses da URSS, e neles instalouse un sistema como o dos soviéticos:
·         O estado apoderouse dos principais medios de producción.
·         Economía planificada; plans quinquenais.
·         Colectivización da agricultura.
·         Impulsouse unha industrialización acelerada.
Estes países formaron a COMECON, que foi a resposta da URSS ao plan Marshall en occidente. Con isto queríase formar un mercado común e canalizar a axuda soviética, pero en realidade serviu para someter as economías dos outros países as necesidades da URSS.
Logo da II Guerra mudial, o crecemento foi menor que nos países capitalistas; pero de 1950 a 1970, iniciouse unha etapa de grande crecemento e mellorou o nivel de vida da poboación. O crecemento da industria non conseguiu reducir as diferenzas económicas entre países (Alemania producía máis que o resto, por exemplo).







Ø  CRISE DAS ECONOMÍAS COMUNISTAS DO LESTE.

O modelo das democracias populares decaeu a partir de 1970 por unha serie de razós:
·         Pouca capacidade de adaptación ao sistema centralizado e a colectivización.
·         Escaso investimento en novas tecnoloxías.
·         Necesidade de diversificar a industria.
·         Endebedamento exterior.
Ca chegada da crise económica en 1980, os países sufriron moito por ela, manifestouse de maneira semellante en todos os países.
·         Diminución do ritmo de crecemento.
·         Escasa productividade.
·         Estancamento agrícola
·         Aparece a inflación
·         Elevación da débeda externa.
Ademáis cabe dicir que todos estos países dependían moito da URSS, xa que era a maior suministradora de materias primas.

2.  CHINA.

Ø  IMPLANTACIÓN DO COMUNISMO.

En 1921 fundase o partido comunista chinés, que estivo enfrontado dende o seu inicio cos nacionalistas chineses nunha guerra civilque rematou en 1949 ca derrota dos nacionalistas, e a proclamación da República Popular China, dirixida por Mao Zedong.
Nos primeiros anos o gobernó difundiu a idea da reconstrucción do país partindo dun sistema económico mixto.
A mediados da década dos 50, optouse por copiar o modelo soviético estalinista, idiciouse a colectivización agraria forzosa, unha planificación (semellante aos planes quinquenais). Pero a aplicación deste sistema trouxo os mesmos problemas que na URSS, desabastecemento e atraso agrícola.

Ø  O MODELO MAOÍSTA.

O Gran Salto Adiante foi unha serie de medidas creadas por Mao para establecer a nova administración. Creou un comunismo de base agraria, introducindo as Comunas Populares; unidades económicas que compaxinaban tarefas agrícolas e industriais que debían ser autosuficientes. Tamén se pretendía dirixir e controlar a educación e os pensamentos dos campesinos, para sometelos totalmente ao goberno.
Pero estas medidas foron un desastre e causou unha época de fame, e o resultado foi tan lamentable que incluso surxiu oposición dentro do Partido Comunista Chinés, que foi obviamente aplastada con forza polo gobernó de Mao.
Na chamada Revolución Cultural, unha gran campaña de represión contra todos os opositores, sobretodo os intelectuais, que foron asesinados e a esta época precedelle unha etapa de desorde social e económico.
A pesar de todo isto, o Maoísmo gañou popularidade entre os intelectuales de occidente e entre os países subdesenvolvidos, aos que de feito se exportou, e deu lugar aos réximes políticos máis despiadados de Asia.




Ø  CHINA DESPOIS DE MAO.

En 1976, more Mao, e logo diso ocorre un proceso similar a desestalinización, e comezou unha serie de reformas económicas e modernizadoras baixo a dirección de Xiaoping:
·         Apertura comercial cara o exterior
·         Diminución da planificación centralizada.
·         Introducción de mecanismos propios do mercado
·         Creación de zonas económicas especiais, onde o investimento do estranxeiro pode crear empresas plenamete capitalistas, incluso incentivadas polo estado.
No aspecto político, China a penas evolucionou, o inmovilismo político e o sistema dictatorial comunista mantiveronse.

3.  CAÍDA DO BLOQUE COMUNISTA.

Ø  O GOBERNO DE GORBACHOV

Na URSS apareceron dúas políticas que se manifestarían ata o seu final; por unha parte, os “estalinistas” e dicir, os que non querían cambiar o réxime, e por outra banda os reformistas.
Tamén xurdiu a oposición entre o goberno central da URSS e as distintas repúblicas, que se acentuou a raíz dos problemas económicos.
En 1985 chegou ao poder Mikhail Gorbachov, que puxo en marcha unha serie de medidas económicas e políticas para reconducir esta situación.

Ø  AS REFORMAS ECONÓMICAS.

O desexo de sacar a URSS da crise que sufría a principios dos 80 era o cetro das preocupacións das políticas de Gorbachov, os problemas da crise eran económicas, políticas e tecnolóxicas.
      ECONÓMICAS
·         Perigosa diminución da productividade a raíz dos problemas demográficos.
·         Descoidouse o resto de industrias ao dar prioridade a industria pesada e de bens de equipo.
·         As redes de transporte estaban moi deterioradas, o que traía consigo problemas de abastecemento
      POLÍTICAS
·         Priorizouse a industria militar, o que significou enviar recursos a esa industria e descoidar outras.
·         Falta dunha política económica clara, que dificultaba a toma de decisión e contribuiu a desordear a economía
TECNOLÓXICAS
·         O complexo industrial-militar absorbeu case todos os recursos científicos e tecnolóxicos soviéticos. Non houbo transferencia de coñecementos do sector militar ao civil por razóns de seguridade. Os sectores económicos civís non melloraron as súas tecnoloxías.
·         A gran censura que había na URSS.
Todo isto incidía no nivel de vida da poboación que empeoraba progresivamente , comparado cos países capitalistas.
O goberno de Gorbachov non soubo aplicar as medidas necesarias para resolver tan grave situación. A maioría das medidas estaban encamiñadas a descentralizar un sistema planificado pero sen introducir realmente unha economía de libre mercado.



Ø  AS REFORMAS POLÍTICAS.

A acción política de Gorbachov estivo encamiñada sobre dúas políticas:
·         PERESTRIOKA: Conxunto de medidas empregadas para democratizar o réxime e conseguir unha apertura política.
·         GLASNOST: Política de transparencia informativa que acompañou a outra reforma.
Estas reformas non pretendían acabar co réxime socialista, o seu obxetivo era modernizalo. A consecuencia máis destacable foi a desaparición do monopolio político do PCUS.
Outras políticas pretenderon introducir espazos de liberdade na sociedade soviética. Por último comezou a elaborarse un novo proxecto de Constitución que outorgaba máis liberdades as repúblicas.

Ø  AS TRANSFORMACIÓNS INTERNAS.

A perestroika e a glasnost posibilitaron a apertura política pero significaron tamén o debilitamento do poder central do partido. En 1990 nas eleccións das repúblicas comezaron a ganar partidos independentistas.
A explosión nacionalista estaba a converterse nun dos problemas fundamentais do estado soviético. Iniciouse unha dinámica disgregadora que rematou ca independencia de case todos os territorios non rusos que conformaban a URSS. Esto levou a propoñer un novo modelo de unión entre os estados.
Foi o Tratado da Unión de 1991 o que abriu a descentralización da política. Pero este paso pareceu un paso demasiado adiante para os máis conservadores, e rematou cunha tentativa de golpe de estado , que supuxo a caída de Gorbachov e a ascensión ao poder de Boris Eltsin.
Pouco máis tarde a finais de 1991 asinouse a disolución da URSS para transformala nunha asociación de estados: Comunidade de Estados Independentes (CEI).
O estado máis importante que saiu foi Rusia, que herdou o seu potencial militar e gran parte dos problemas económicos e sociais. Boris Eltsin ascendeu como primeiro presidente da federación.

Ø  AS REVOLUCIÓNS DEMOCRÁTICAS DE 1989 EN EUROPA DO L.

A maioría da poboación dos países de Europa do Leste miraba con bos ollos as reformas de Gorbachov. Estas transformacións políticas foron impulsadas tanto polo gobernó como pola presión popular. Xeraronse distintas revolucións que comezaron a expulsar os distintos partidos comunistas do poder (revolucións de veludo: pois non houbo a penas violencia). Trataronse de cambios moi importantes en pouco tempo; por exemplo; Checoslovaquia librouse do sistema comunista, pero tamén se dividiu de forma pacífica en dous estados.
Entra 1989 e 1990 celebraronse eleccións en que a maioría de partidos comunistas foron derrocados, incluso en países que non pertencían a órbita soviética, o que fixo decaer o seu poder sobre Europa. Moitos destes países buscaron o achegamento a UE e incluso se uniron.

Ø  FRACASO DO SISTEMA COMUNISTA NO MUNDO.

A desintegración da URSS e a caída dos gobernos comunistas do leste de Europa supuxeron como resultado final o fracaso do comunismo no mundo. Soamente China, que se alzou cun sistema mixto, se mantivo estable. Cuba e Corea do Norte foron os últimos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Entradas Destacadas UwU