Historia en Resumen: La Guerra Fría


¡Hola! Esta vez os traigo un resumen de la Guerra Fría, aunque en gallego, pues esta asignatura se imparte en dicho idioma aquí en Galicia. ¡Espero que os sea útil!

Resultado de imagen de GUERRA FRÍA

1.XÉNESE DA GUERRA FRÍA (1945-1947)

Ø  CARACTERÍSTICAS DA GUERRA FRÍA.

O concepto de Guerra Fría define o sistema de relacións internacionais existentes entre 1945 e 1991. Durante este tempo o mundo dividiuse en dous grandes bloques totalmente opostos en canto as súas ideoloxías; un encabezado pola URSS e o outro por EEUU.
·         BLOQUE OCCIDENTAL: Defensor da economía capitalista, un sistema de goberno democrático e unha ideoloxía liberal.
·         BLOQUE ORIENTAL: Defendía un estado totalitario, unha economía planificada e unha ideoloxía marxista.
Esta guerra caracterizouse por non desenrolarse un conflito directo entre as superpotencias, xa que isto implicaba a utilización de armas nucleares; o que supuña a destrución mutua. Para aumentar o seu poder, as nacións dirixentes apoiaron golpes de estado, e proporcionaron armamento a outros pequenos países con tal de debilitar ao seu rival. Esta guerra caracterizouse por:
·         Unha carreira armamentística continua, centrada nos arsenais nucleares.
·         Propaganda ideolóxica.
·         Espionaxe entre os bloques.
·         Creación de areas de influencia.
·         Presión político-económica contra estados aliados ou do inimigo.
·         Guerras en territorios estranxeiros
A ONU actuou como un comunicador entre estas nacións e como pacificador, posto que se consideraba unha organización neutral.

Ø  FINAL DA COOPERACIÓN ENTRE OS ALIADOS

O final da II Guerra Mundial foi un duro golpe para Europa e acelerou o seu declive. Sen embargo ao final do conflito, foron a URRS e os EEUU os que ascenderon como novas potencias mundiais. En 1945 parecía que estas nacións ían a colaborar, pero desaparecera o único que os mantiña unidos; un inimigo común. Estes bloques, practicamente antagónicos comezaron a enfrontarse por diversas razóns sociais, políticas, militares, estratéxicas… etc. O primeiro desencontro produciuse en Irán, xa que os soviéticos negáronse a retirarse, e foi a presencia estadounidense quen os disuadiu do que eran os principios dos planes expansionistas da URRS.

Ø  O TRIUNFO DA DESCONFIANZA MUTUA

Os países de Europa Oriental foron ocupados polo exército vermello. O goberno da URSS a través da forza e a violencia, así como influenciando a aparición de golpes de estado, derrocaron os partidos que non defendían o socialismo e as doutrinas marxistas; incumprindo a súa palabra de celebrar eleccións tras a guerra.
Estados Unidos acabou cos partidos de esquerdas en Europa Occidental, e dada a crúa situación económica vivida no continente logo do conflito, había risco de que estalara.unha nova revolta comunista. EEUU reaccionou creando a Doutrina Truman (Plan de contención), que consistía na entrega de axudas a aqueles países que prometeran frear a influencia soviética sobre eles.
Stalin desenvolveu entón a Doutrina Jdánov, a cal cohesionaba a influencia soviética a través do control ideolóxico. Tamén creou o Kominform, unha especie de oficina de información para os partidos comunistas; que agrupou aos partidos e converteunos en instrumentos da política de Stalin.

      GUERRA CIVIL GREGA
Tras expulsar os invasores alemáns de Grecia, comezou unha loita polo poder, entre os monárquicos e os comunistas. EEUU e Reino Unido apoiaron os monárquicos, quen finalmente se fixeron ca vitoria. Isto foi a gota que rompeu a alianza entre os bloques, e comezou a etapa da bipolaridade mundial.

2.  A MÁXIMA TENSIÓN (1948-1953).

Ø  A DIVISIÓN ECONÓMICA DE EUROPA.

Cada superpotencia creou un sistema de axudas para mellorar a situación dos países nos que tiñan infuencia e así estes non cambiarían de bando.
·         Plan Marshall: O goberno estadounidense deseñou una estratexia para mellorar a calidade de vida e reactivar a economía dos países europeos, para afastar o perigo dunha revolución, e manter a demanda europea de forma que eles mesmos non sufriran unha crise de sobreprodución na súa propia industria.
·         COMECON: As axudas estadounidenses non chegaron a Europa oriental, debido a rotunda negativa de Stalin. En resposta ao plan dos EEUU, a URSS creou o consello de axuda mútua económica, para establecer unhas relacións de asistencia mútua e ao mesmo tempo de dependencia.

Ø  A DIVISIÓN DE ALEMANIA E A CRISE DE BERLÍN.

Tras a II Guerra Mundia, Alemania foi dividida entre os gañadores en diferentes zonas de control administradas por distintas nacións na conferencia de Ialta. O mesmo se fixera con Berlín, que inda estando en plena zona soviética, se someteu a división política. Foi en 1948 cando as potencias occidentales decidiron unificar as súas zonas nunha única (Conferencia de Londres). Esto ía en contra do acordado na conferencia de Ialta, e Stalin decidiu bloquear o acceso terrestre a cidade. Pero os aliados abasteceron a cidade por medios aéreos e Stalin desistiu pola inutilidade das súas accións.
O principal efecto desta crise foi a división de Alemania na RFA (República Federal de Alemania) Creada polos aliados, e na RDA (República Democrática Alemana) Creada pola URSS.

Ø  A CREACIÓN DE BLOQUES MILITARES.

A tensión levou a ambos bloques a crear alianzas militares:
·         OTAN: Organización do Tratado Atlántico-Pacífico.
·         Pacto de Varsovia: O obxetivo da URRS era crear un potente arsenal nuclear.

A AMPLIACIÓN DOS BLOQUES:
A tensión territorial estendeuse a Asia, pola presión que as superpotencias fomentaron para acadar maior influencia no continente.
      1.TRIUNFO DO COMUNISMO EN CHINA.
China atopábase en guerra civil dende o remate da II Guerra Mundial entre os Comunistas chinos e o Kuomingtang, partidarios do bloque occidental. En 1949 o Partido Comunista Chinés tomou o poder do país, e o seu líder; Mao Zendong proclamou a chamada República Popular Chinesa, e asinou un tratado de axuda mútua con Stalin.
      2.GUERRA DE COREA.
Corea formaba parte do Imperio Xaponés, pero tras ser derrotado na guerra, a península foi dividida en 2 polo paralelo 38, e a zona norte pasou a ser controlada polo bloque oriental, mentres que a do sur do occidental.
A vitoria do comunismo en China levou a Kim il Sung a dirixir unha ofensiva ao sur co fin de reunificar a península, conquistandoa con velocidade. Pero EEUU conseguiu condear o ataque ante as Nacións Unidas e levou a cabo unha ofensiva que o levou ata as portas de China. Os chinos ao ver isto, atacaron polo norte e estabilizaron a fronte de novo no paralelo 38. En 1953 acadouse un armisticio, pero o conflito inda seguía candente. Isto significou a propagación da Guerra Fría a Asia e que calquera pequeña iniciativa bélica entre bloques podía causar unha grande crise.
      3.CONSECUENCIAS DA AMPLIACIÓN DOS BLOQUES.
EEUU sentiuse ameazado, e decidiu fomentar a creación de tratados de axuda, entre eles a SEATO, o Pacto de Bagdad e outros tratados bilaterales con países como Taiwán, Corea do Sur ou Xapón. En EEUU comezou a perseguirse o comunismo e fixeronse auténticas cacerías de bruxas contra esta ideoloxía política.

3.  A COEXISTENCIA PACÍFICA (1954-1975).

Ø  CAMBIO DE LÍDERES E COMEZO DA DISTENSIÓN.

A partir de 1953 iniciouse un proceso de distensión favorecido polo cambio de líderes de ambos bloques; ahora, Eisenhower e Nikita Kruschev estaban ao mando das superpotencias; pero outros factores influiron nisto:
·         En 1949 a URRS contruiu a súa primeira bomba atómica, o que supuxo o fin do monopolio nuclear de EEUU.
·         Creación da Liga de Países non Alineados.
·         Dentro dos propios bloques producironse crises que ameazaron a súa cohesión
      A PRIMEIRA PROBA, A CRISE DO CANAL DE SUEZ.
O primeiro conflicto no que se puñeron a proba os mecanismos de diálogo entre potencias, foi na crise do canal de Suez de 1956. O canal de Suez, entonces controlado por Reino Unido e Francia, foi nacionalizado por Exipto. O que supuxo un ataque conxunto anglo-francés ca excusa de que a nacionalización do canal supuña un risco para a subministración de petróleo aos seus países. Pero EEUU e a URSS opuñeronse con forza, o que fixo que os atacantes se retirasen de inmediato.

Ø  O MOVEMENTO DOS PAÍSES NON ALIÑADOS.

Ante a plena expansión da influencia dos bloques, xurdiron unha serie de países que decidiron manterse ao marxen deste conflito. Este movemento foi paralelo a descolonización, pois a maioría dos non aliñados eran países do terceiro mundo.
O movemento de países non aliñados comezou en 1955, na Conferencia de Bandung, Indonesia, onde moitos países se reuniron. O máis importante dos temas a tratar que sairon desta conferencia foi o rexeitamento da colonización, e decidiuse manter unha liña propia dentro das Nacións Unidas, que os mantivese ao marxe dos bloques.
A pesar de que o movemento acadou importancia internacional, non obtivo grande rendemento, pois dunha maneira ou de outra, estas nacións acababan involucradas dentro dos problemas dos bloques e mantiveron conflictos diplolmáticos entre eles.

Ø  OS CONFLITOS INTERNOS DOS BLOQUES.


      BLOQUE COMUNISTA.
Afastamento de Iugoslavia da esfera de influencia de Stalin. Levantamentos populares en Europa oriental (Revolta Polaca, Revolta Húngara e a coñecida Primavera de Praga). En todos os casos foron reprimidas con dureza polo exército. Para xustificar os seus actos, a URSS desenvolveu a chamada “Doutrina Breznev” que establecía o dereito a actuar militarmente en calquera país que puñera en perigo o comunismo. A partir da morte de Stalin en 1953, outros países foron distanciándose da URSS (Romanía, Albania, China…)

      BLOQUE OCCIDENTAL.
Neste bloque tamén houbo discrepancias entre os membros, o caso máis coñecido foi Francia durante a presidencia de De Gaulle, que defendía manterse a medio camino entre ambos bloques, e desenvolveu un arsenal militar propio. Con todo Francia sempre se mantivo amiga da OTAN e de EEUU.En Latinoamérica, EEUU defendeu a actuación militar ou financiando guerrillas para evitar a propagación de sistemas socialistas e a través de golpes de estado.

Ø  CONFLITOS ENTRE BLOQUES.

Durante a coexistencia pacífica a URSS desplegou misiles en Europa oriental e lanzou a sua primeira nave espacial, o que foi interpretado como unha amenaza para os EEUU. Eisenhower anunciou a chamada doutrina de represalia masiva, que dicía que calquer ataque da URSS a EEUU sería respostado cun ataque nuclear a grande escala. Houbo varias situacións en que isto se chega a producir:
      1.SEGUNDA CRISE DE BERLÍN.
Debido a ser un dos máis importantes puntos de contacto entre bloques, a cidade de Berlín albergou unha brutal tensión. O mal estado da economía da RDA fixo que moita xente escapase do lado soviético ao capitalista, ante isto Kruschev pediu un cambio da situación a Alemania occidental, pero non obtivo resposta satisfactoria. Así comezou a construcción dun muro que separaba a cidade de Berlín en dous. (1961).
      2.CRISE DOS MISILES DE CUBA.
Cuba era un país aliado de EEUU, pero en 1959, a guerrilla liderada por Fidel Castro tomou o control do país, e deu un xiro esquerdista a revolución, o que fixo recelar a EEUU. Os estadounidenses consideraban un risco ter un país aliado da URSS tan preto deles. En 1961, EEUU tentou invadir Cuba (Bahía de Cochinos) pero fracasou. A resposta de Castro foi pedir axuda e protección a URSS.
1962 foi un ano clave, pois desatouse o episodio máis crítico da Guerra Fría, xa que os avións espía estadounidenses atoparon rampas de misiles nucleares na illa. O presidente de EEUU decretou o bloqueo naval, e ameazou con invadir a illa de non retirar os misiles. A crise estivo a piques de estalar cando os barcos de EEUU frearon un convoi soviético rumbo a illa, pero as ordes de Kruschev foron a retirada das cabezas nucleares e a desmantelación das rampas.
A partir de entón estableceuse unha liña de comunicación entre as nacións (Teléfono Vermello) para que este tipo de situación non volverán acontecer.
      3.GUERRA DE VIETNAM.
Tras unha guerra que expulsou aos colonos franceses de Indochina, o país dividiuse en dous dunha forma parecida a Corea; o norte, comunista e o sur afiliado a EEUU. A separación era por tempo limitado, pois previñase a reunificación do país tras celebrar eleccións.
Pero no sur existía unha guerrilla comunista, apoiada polo réxime de Vietnam Norte, EEUU ante o medo de que o comunismo se adueñase de todo o país decidiu intervir no conflicto de forma directa en 1964. (Quería evitar un efecto dominó ou de contaxio). A operación, na que EEUU usou todo o seu arsenal de destrucción; bombas, químicos, bombarderos, helicópteros, tanques… foi un completo desastre mentres que loitaba contra pequeñas guerrillas organizadas e que contaban con apoio popular. En 1968, o Vietcog atacou con forza e mostrou a imposibilidade estadounidense de gañar a guerra, ademáis da grande oposición ao conflicto que nacera en occidente froito das imaxes difundidas na televisión de EEUU. No 1969 comezaron a repregarse as tropas e en 1973 chegouse ao cese ao fogo, EEUU retirou todas as súas tropas e reunificouse o país.
A loita entre norte e sur continuou ata 1975, cando as tropas de Vietnam do Norte e o Vietcog tomaron Saigón e no 1976 os dous Vietnam unironse creando a República Socialista de Vietnam, que se uniu de inmediato ao bloque comunista, ao igual que Laos e Camboya. A derrota na guerra de Vietnam foi unha catástrofe total para EEUU que supuxo a maior derrota militar da nación en toda a súa historia.

Ø  NOVOS FACTORES DE DISTENSIÓN.


      1.AS CONVERSAS ENTRE SUPERPOTENCIAS.
Dende finais dos anos sesenta o enorme gasto que supuña o mantemento dos arsenales nucleares comezaba a afectara as economías de ambas superpotencias, polo que era de vital importancia rematar ca carreira armamentística. Ademáis o risco nuclear favoreceu a aparción de movementos pacifistas. O primeiro paso da reducción dos arsenales foi o Tratado de non Proliferación de Armas nucleares de 1968 (Non foi asinado por China e Francia). O achegamento de EEUU e a URSS aumentou ca chegada de novos acordos e reunións (Acordos de SALT I, e SALT II sobre a limitación de armas estratéxicas). Esto estaba totalmente baseado no chamado “Equilibrio de Terror” é dicir, ter medo a que te aniquilie o teu rival, básicamente. (Paradóxicamente era a única maneira de chegar a unha paz mundial).
      2.NOVOS CENTROS DE PODER MUNDIAL
Destacou a aparición da CEE (Comunidade Económica Europea) e China como potencias mundiales cos seus propios sistemas económicos e armamentísticos, o que centrou a atención noutros lugares, e non soamente entre a URSS e EEUU.
      3.ESTABILIZACIÓN DA SITUACIÓN INTERNACIONAL.
A comezos da década dos 70 o mundo comezou a calmarse. O final da guerra de Vietnam, trouxo unha diminución da intervención das potencias en extremo oriente.
O conflito árabe-israelí, que se remonta a creación do estado de Israel tras a II Guerra Mundial, adquiriu importancia ao tratarse da área con máis reservas de petróleo do planeta, así que era vital para os dous bloques. A guerra do Iom Kippur, que enfrontou a Siria e Exipto contra Israel foi freada con rapidez e estableceu unha paz duradeira entre exipcios e israelíes.
      4.ACHEGAMENTO DE EUROPA OCCIDENTAL A ORIENTAL.
Cambio de política na RFA (República Federal Alemana)
Willy Brandt, acababa de chegar a presidente da república en 1969, cando iniciou a súa campaña chamada “Ostpolitik”, pola cal iniciaba relacións para achegarse a oriente. Obtivo da URSS un tratado de non agresión e a inviolabilidade das fronteiras europeas.
No Tratado de Varsovia, normalizabanse as relacións entre a RFA e Polonia. O presidente alemán conseguiu o recoñecemento dos dous estados alemáns e que stos entrasen na ONU normalizando as relacións entre os dous bloques.
      5.O ESPÍRITO HELSINKI
Na “Conferencia de Seguridade e Cooperación de Helsinki de 1975 reforzouse a cooperación dos estados de bloques distintos e recoñeceronse as fronteiras posteriores a II Guerra Mundial. Os países comunistas comprometeronse a defender os dereitos humanos e as libertades.

4.  REBROTE E FINAL DA GUERRA FRÍA.

Ø  A “OFENSIVA” SOVIÉTICA.

A mediados dos anos setenta, a posición hexemónica de EEUU estaba debilitada debido a derrota na guerra de Vietnam e a grave crise causada polo aumento do prezo do petróleo, e unha importante débeda externa que se acentuou ca chegada da II crise do petróleo.
Pola súa parte a URSS saíra ben parada pola instauración do comunismo en diversos países asiáticos (Vietnam, Laos, Camboya…) e a crise do petróleo afectara menos a súa área de influencia. Ao atoparse en mellores condicións que os estadounidenses, a URSS decidiu aproveitar a situación para expandirse.
En 1977 a URSS desplegou misiles nucleares de alcance intermedio en europa oriental co obxetivo de intimidar a occidente e obrigar aos países da outra Europa a afastarse de EEUU. Tamén a URSS aumentou o seu apoio a todos os movementos revolucionarios en países do terceiro mundo, que desembocou na chegada ao poder de réximes comunistas en países de América e África.

Ø  UN ANO CLAVE; 1979


      1.REVOLUCIÓN ISLAMISTA EN IRÁN.
Irán era un dos máis fieles aliados de EEUU en oriente, e un dos principales produtores de petróleo do mundo. As reformas do goberno dictatorial do país enfadaron a poboación que foi aproveitado polos dirixentes de grupos pertencentes a cultos chiíes para en 1979 derrocar ao goberno e crear unha república fundamentalista islámica, baseada no cumprimento do Corán. Os grupos que rexeitaban a EEUU asaltaron a sua embaixada en Teherán e apresaron aos traballadores, o que supuxo unha perda de prestixo para Jimmy Carter, que perdeu as eleccións en favor de Ronald Reagan, que se mostrou favoranble a tentar recuperar a gloria pasada e o prestixio internacional.
      2.A GUERRA DE AFGANISTÁN.
Afganistán contaba cun goberno afín a URSS pero atopoabase cheo de guerrillas contrarias a istor, así que o gobernó pediu axuda aos soviéticos, que nese momento se sentían fortes e decidirnon invadir o país. (Esta guerra destaca pola súa semellanza con Vietnam).
Os obxetivos da operación eran 3:
·         Conter a expansión do fundamentalismo islámico.
·         Manter no poder ao goberno Afgán.
·         Dar un aviso a outros países do que podía ocorrer de intententar saír da órbita soviética.
A pesar da masiva intervención militar nesta guerra, a URSS soamente conseguiu controlar as ciudades, mentres que as zonas rurais eran auténticos campos de batalla. As guerrillas estaban financiadas por gobernos favorables a EEUU e por distintos grupos islamistas. A imposibilidade de vencer as guerrillas desembocou nun gravísimo problema económico para a URSS, xa que a guerra estaba a ser demasiado longa. A pesar do control sobre a prensa soviética, fixose evidente a crueldade da guerra e o seu rexeitamento por parte da poboación e o exército debido ao grande custo en vidas.
A economía soviética sufriu entón un grave colapso incapaz de afrontar os custos da guerra, e tivo unha importante repercusión internacional,. Pois a URSS foi humillada e perdeu a súa posición de poder sobre os EEUU. Tamén provocou o propio rexeitamento dos aliados dos soviéticos pois a guerra foi unha acción totalmente imperialista, contraria a todos os pensamentos que a URSS dicía defender.

Ø  A REACCIÓN DE ESTADOS UNIDOS.

No 1981 ca subida ao poder de Ronald Reagan e a súa campaña claramente antisoviética ca proposta de restaurar o poder de EEUU no mundo, deulle un cambio radical a política estadounidense no exterior, e optouse pola dureza e a agresividade.
Fronte ao despliegue de misiles soviéticos en europa oriental, Reagan propuxo a “Opción 0” que consistía na retirada de todos os misiles de ambas potencias de Europa> ou EEUU desplegaría masivamente os seus en europa occidental. A URSS negouse e Reagan desplegou os chamados “Euromisiles”
Estados Unidos aumentou incríblemente o seu gasto militar e desenvolveu diferentes iniciativas de defensa, o máis destacado; a “Iniciativa de Defensa Estratéxica” un escudo antimisiles espacial.
Tamén se potenciou a intervención en distintas zonas do mundo para evitar un achegamento a URSS. Armouse a guerrillas en Latinoamérica, apoiaronse golpes de estado e axudouse a guerrilla en Afganistán.

Ø  O FINAL DA GUERRA FRÍA.

A agresiva política estadounidense de mediados dos 80 mostraba a cara máis débil da URSS, na que os grandes gastos militares e a derrota en Afganistán provocaran unha crise económica sen precedentes.
A preocupación polo estalido da guerra nuclear provocou unha gran preocupación en ambos bloques, e nos países de Europa Occidental comezaron a surxir movementos pacifistas e antinucleares.
En Europa Oriental ocorreu máis ou menos o mesmo, pero tamén espertoun un sentimento de rexeitamento cara o comunismo, que presentou os seus primeiros síntomas de debilidade.
      1.O GOBERNO DE GORBACHOV NA URSS.
A chegada de Gorbachov a líder da Unión Soviética cambiou radicalmente a política exterior e a relación con Estados Unidos, que pasou a un diálogo sin precedentes. A primeira manifestación disto foi o Tratado de Whashington, no cal as potencias acordaban retirar os misiles de Europa. Pouco despois, en 1989 a URSS retirou as últimas tropas de Afganistán. E o cambio de política fixose efectivo ca retirada de tropas soviéticas de Europa Oriental e a apertura política e económica da URSS.
      2. REVOLUCIÓNS DEMOCRÁTICAS NO BLOQUE COMUNISTA.
A suavización do contro ideolóxico nos países do bloque comunista deu como resultado a aparición de diferentes movementos que reclamaban a democratización dos países e liberdades. En 1989 unha serie de sublevacións populares chgamadas Revolucións Democráticas tiveron como resultado a a caída de diversos réximes comunistas en Europa.
O máis simbólico é a Caída do Muro de Berlín (1989) e a reunificación alemana (1990)
O movemento democrático estendeuse por todo o bloque comunista e chagou ata China, onde as revoltas estudantís foron constantes. (Ocupación da Plaza de Tiananmen 1989)
      3.OS ACORDOS DE PAZ E A DESAPARICIÓN DO BLOQUE COMUNISTA
No Cumio de Malta (1989) reuníronse as potencias aclarando a chegada de novas relación e o fin das tensións. En 1991 producironse os feitos definitivos do final da guera fría; A disolución do Pacto de Varsovia e a Caída da Unión Soviética. Con isto EEUU ascendeu como a maior potencia mundial e a OTAN inda que non se disolveu, ahora vela pola paz e a facer fronte a distintas ameazas.

Ø  REORGANIZACIÓN DA POLÍTICA INTERNACIONAL.

A grande cantidade de misiles nucleares era un problema, así que con este pretexo se produciron os acordos START I que propuxeron a destrucción dun terzo dos arsenales nucleares.
Tras a caída da URSS algunhas repúblicas seguían posuíndo armas nucleares, pero as cabezas foron devoltas a Rusia, e firmouse o tratado de Non Proliferación de Armas Nucleares. A proliferación continuou, outros países posúen armas atómicas ilegalmente, Israel, Idia, Pakistán, Corea do Norte…

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Entradas Destacadas UwU