Un resumen muy breve de la descolonización, ¡Espero que os resulte útil!
1.CAUSAS DA DESCOLONIZACIÓN.
Ø O IMPACTO DA II GUERRA MUNDIAL.
A descolonización
definese como o o proceso histórico no cal as colonias dos imperios europeos se
alzaron ca súa independencia. Isto foi meramente político, pois case todas as
colonias seguiron dependendo da metrópole económicamente.
A II Guerra Mundial mostrou ao mundo a debilidade das
potencias imperiais europeas, e rompeu para sempre o mito da invencibilidade de
Europa.
As colonias participaron na guerra xunto as súas metrópoles
proporcionando tropas e recursos. Ademáis a formación de guerrillas de tropas
coloniais para loitar contra o inimigo, serviron para formar militarmente a
numerosos cadros que logo dirixiron os procesos de independencia.
Esgotadas pola guerra, as potencias tiveron graves problemas
económicos e militares. Tamén lles custou máis xustificar o imperialismo, xa
que eles defenderán na guerra a loita cara a opresión do fascismo, e
desenvolverán es ideas de liberdade e democracia, así que era moi difícil
negarlles as colonias os mesmos principios que estaban a defender.
Ø OS MOVEMENTOS ANTICOLONIALISTAS.
Dende finais do século XIX xurdiron diferentes movementos
que postulaban en contra da explotación colonial.
·
A Internacional Comunista, que impulsou a
creción de partidos desta ideoloxí en todo o mundo.
·
As ideoloxías que propugnaban a recuperación e
dignificación das culturas indíxenas (Indixenismo).
·
A defensa da entidade relixosas, algo moi
importante nos países islámicos.
Tamén foi importante o papel de algúns líderes locales como
Ghandi. A base social destes grupos independentistas encontrabase nas
burguesías comerciais administrativas.
Ø CAMBIOS NA OPINIÓN PÚBLICA.
A conciencia antiimperialista foi adquirindo importancia nos
países occidentais dende os anos 20. En 1918, o presidente estadounidense
Wilson, estableceu os 14 puntos entre os cales estaba o dereito de
autodeterminación das colonias. O cambio na opinión pública intensificouse polo
papel de moitas igrexas cristiás, que impulsaron iniciativas contra o
imperialismo. Tamén os partidos socialistas tomaron popularidade e estes
estaban en contra tamén.
Ø O PAPEL DA ONU.
A posición da ONU neste conflito estaba recollida na Carta
do Atlántico de 1941, e favoreceu tamén o proceso de autodeterminación dos
pobos. Ademáis, máis da metade dos estados fundadores da ONU foran colonias, o
que favoreceu moito a isto. Anos máis tarde, o Dereito de Autodeterminación das
Colonias foi recoñecido en 1952 dentro da Declaración dos Dereitos Humanos.
Ø A RENDABILIDADE DOS IMPERIOS.
O mantemento dos imperios xeraba moitos gastos económicos e
políticos. Os custos económicos do control e a administración dos territorios
pesaban sobre as metrópoles, empobrecidas a causa da II Guerra Mundial, mentres
que os beneficios non paliaban esas cargas.
Ø INFLUENCIA DA GUERRA FRÍA.
O sistema de bloques influíu notablemente no proceso descolonizador,
xa que tanto a URSS como EEUU se opoían ao imperialismo.
No caso de EEUU eles foron unha colonia, e teñen arraigados
neles os valores democráticos, polo que apoiaban a indepentencia colonial. Inda
que tamén lles interesaba captar novos mercados e aliñar novos países ao bloque
occidental.
Por parte da URSS, ela mantivo unha intensa hostilidade
contra os imperios coloniais por motivos ideolóxicos e por atraer novos países
ao seu bloque.
O apoio das superpotencias permitiu incorporar a autodeterminación
aos principios da ONU. Non obstante estos países interviñeron tamén polos seus
propios intereses.
Ø A CONFERENCIA DE BANDUNG.
A iniciativa máis importante de apoio a independencia
colonial foi a celebración en 1955 da Conferencia de Bandung, que convocou aos
países recentemente independizados de Asia e África co obxetivo de tomar
postura fronte a política de bloques. Tamén tivo relevancia xa que se creou o
Movemento de Países non Aliñados.
A conferencia foi un importante acelerador do proceso de descolonización,
pois deu un apoio moral fundamental aos movementos independentistas. Os
asinantes debían:
·
Axudar aos diferentes movementos
independentistas.
·
Impedir que os bloques usasen como marionetas
aos países independizados.
·
Condenar o imperialismo.
Posteriormente celebraronse máis conferencias, pero non
lograron desligarse da política de bloques nin evitar enfrontamento entre eles.
Ø ETAPAS DO PROCESO DESCOLONIZADOR.
A descolonización iniciouse no subcontinente indio para logo
expandirse por Asia e África, e dividese en 3 fases:
1.De 1945 a 1955:
Afectou sobretodo ao continente asiático e Oriente Próximo; toma de conciencia
do Terceiro Mundo: Importancia, Conferencia de Bandung.
2.De 1955.1970:
Expansión por África e os últimos territorios asiáticos: Destaca o papel da ONU
pola resolución 1514.
3.De
1970-Actualidade: Independencia últimas colonias africanas, e lugares como
Hong Kong ou Macao. Inda quedan territorios que a ONU considera como Non
Autónomos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario