Historia en Resumen: II Guerra Mundial (muy resumido)


A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL
  • ORIXES E CAUSAS DA GUERRA.
Coa chegada de Hitler ao poder en Alemania, demostrouse a fraxilidade para manter a paz da Sociedade de Nacións. Celebrouse unha conferencia para o desarmamento, pero Alemania non estaba de acordo e abandonou a Sociedade de Nacións; o que confirmou a vontade de Hitler de continuar cos seus planes a toda costa.

Hitler foi transpasando paulatinamente as limitacións impostas polo tratado de Versalles. El aspiraba ao dominio de toda Europa, pero primeiro debía consolidar o estado nazi alemán de base racial. A continuación continuaría ca súa filosofía do “espazo vital”.

En 1935 Hitler anexionou mediante un referendo entre os seus habitantes, a rexión do Sarre, ocupada por Francia. Logo deso, Hitler expresou as súas intencións de restablecer o servizo militar obrigatorio e de crear un grande exército, así como unha potente aviación.

Francia era o país máis ameazado por Alemania, así que decidiu aislala diplomaticamente, establecendo uns acordos con Italia e Reino Unido (Conferencia de Stressa) nos cales garantiran a independencia de Austria. Francia tamén firmou un pacto de asistencia coa URSS. Pero entre 1935 e 1936, Italia invadiu Etiopía, o que lle valeu sancións da Sociedade de Nacións. A resposta de Musolinni foi partir os acordos de Stressa e abandonou a SDN, acercándose a Alemania.




  • A DEBILIDADE DAS DEMOCRACIAS E OS GOLPES DE HITLER
Coa amizade de Italia, Alemania deixou de estar illada. Hitler ordenou ocupar a rexión alemana de Renania (desmilitarización obrigada polo Tratado der Versalles). as democracias ante este feito non moveron un dedo.

Co estalido da Guerra Civil Española no 1936, fixo evidente a debilidade das democracias. Firmouse un pacto de non intervención; pero foi bastante inútil, xa que Italia e Alemania axudaron a Franco e Stalin axudou a República Española.
a guerra civil, acercou inda máis a Hitler e Musolinni, que culminou cunha alianza (Eixe, Berlín-Roma). Pouco despois Alemania e Xapón asinarían o tratado Antikomitern, ao que posteriormente se uniría Italia e a ditadura franquista.

Os lazos entre Italia, Xapón e Alemania eran moi estreitos, e Hitler revelou os seus planes nunha reunión secreta cos seus máis achegados. Estes plans incluían a anexión de Austria e Checoslovaquia.

en 1938, as tropas alemanas entraron en Viena, procedendo co Anschluss. O seguinte paso foi Checoslovaquia, na cal xurdiu a cuestión dos Sudetes (zona onde vivía poboación alemá). Alemania anexionase esta rexión na Conferencia de Munich. Máis tarde Eslovaquia obtén a independencia, e as tropas alemanas entran en Bohemia e establecen o protectorado de Bohemia-Moravia (satélite do reich). Logo Hitler anexionase o porto de Memel. Musolinni ocupa Albania. Estes dous firman o Pacto de Aceiro, unha alianza ofensiva.

  • CAMIÑO CARA A GUERRA; PACTO XERMANO-SOVIÉTICO.
A anexión de Checoslovaquia fixo evidente o fracaso da política de pacificación de Reino Unido e Francia. Así que esta vez, decidiron garantir a independencia de todos aqueles estados ameazados polo expansionismo do III Reich.
Ante as esixencias de Hitler sobre o corredor de Danzing, as democracias garantiron a independencia a Polonia e comezaron a acercarse a URSS. pero as relacións entorperonse debido ao receo polaco de que pasasen tropaso soviéticas polos seus territorios, e pola desconfianza entre franco-británicos
e os soviéticos. Ademáis, a URSS negociaba en segredo cos nazis:

Asinouse o Pacto xermano-soviético de non agresión, polo que ambos países deixaban de lado as suas diferencias. Hitler non quería ter unha guerra en dúas frontes en caso de unha guerra con los amiguitos eses. Stalin firmou o pacto decindo que os outros se lle estaban poñendo moi subiditos e porque non quería pelea física con Alemania. No trato Hitler e Stalin partíanse Polonia a metade e os países Bálticos, Finlandia e a rexión de Besarabia serían recoñecidos por Alemania como partes da URSS.

Apoiada polo pacto coa URSS, Alemania invade Polonia o 1 de Setembro de 1939, ao día seguinte, los amigos declaranlle a guerra ao III Reich, iniciando a II Guerra Mundial.

  • O EXPANSIONISMO XAPONÉS.
Os outros escenarios da crise internacional, foi Asia e o Pacífico:
Xapón, afectado pola crise económica decide comezar unha política militarista en China, como remedio aos seus grandes problemas. En 1931 ocupou militarmente Manchuria, e en 1932 anunciou a constitución de Manchukuo, un estado satélite. A todo o mundo lle deu bastante igual.

Ante a falta de resposta internacional, Xapón decide invadir China e todo o sueste asiático, aproveitando un incidente en Pekín, deu un ultimatum ao goberno chinés e iniciou a conquista. Os británicos e franceses limitáronse a fuxir de China, e a SDN nin sequera declarou a Xapón como estado agresor nin se lle impuxeron sancións.

Entradas Destacadas UwU